Exposición en Santiago: O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata

12/03/2012 | exposicións
cartaz_ext_sant

Inauguración desta exposición itinerante no Museo das Peregrinacións e de Santiago, en Santiago de Compostela o día 15 de marzo de 2012 ás 20:00h.

Entrada libre e gratuíta.

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle o acto inaugural da exposición: O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prataunha mostra que ten por obxectivo dar a coñecer, de forma gráfica, a realidade histórica desta ruta. Comisariada pola historiadora Yolanda Barriocanal López, a exposición recolle en 30 paneis a historia desta infraestrutura territorial que vertebrou Galicia no século XVIII.

O seu punto de partida é un libro do mesmo título publicado recentemente pola historiadora co apoio do Grupo Marcelo Macías e o patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo: “ O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata”