Exposición en A Gudiña: O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata

27/09/2012 | exposicións
agudina

A Casa da Viúva de A Gudiña acolle esta exposición que ten por obxectivo dar a coñecer, de forma gráfica, a realidade histórica desta ruta. Comisariada pola historiadora Yolanda Barriocanal López, a mostra recolle en 30 paneis a historia desta infraestrutura territorial que vertebrou Galicia no século XVIII.

O seu punto de partida é un libro do mesmo título publicado pola historiadora co apoio do Grupo Marcelo Macías e o patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo:  “ O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata”