Exposición: A cerámica castrexa en Galicia. Investigación e recuperación

31/07/2015 | exposicións
ceramica castrexa

Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que é o resultado do proxecto de investigación e recuperación da cerámica castrexa en Galicia realizado pola Fundación Terra Termarum que ten como obxectivo a elaboración dunha colección de réplicas cerámicas castrexas completamente documentadas a nivel formal, mantendo unhas referencias históricas e arqueolóxicas en canto a acabamentos, texturas e formas e tratando de caracterizar con elas o conxunto tipolóxico documentado dos castros galegos de referencia.

Seleccionáronse aquelas pezas mellor conservadas das que se coñece a forma completa e das que se ten máis información, incluíndo desde as pezas máis comúns ata as máis decoradas, nunha mostra de xacementos castrexos que definan os parámetros temporais e territoriais do mundo da Idade do Ferro en Galicia.

Do 16 de xullo ao 30 de setembro de 2015

Horario: martes a domingo de 10.00 h a 20.00 h