A exposición NA PROCURA DO PASADO. ORIXE E DESENVOLVEMENTO DA ARQUEOLOXÍA EN OURENSE no Parque Arqueolóxico Arte Rupestre Campo Lameiro

26/06/2017 | destacado | exposicións
invitacion_na procura_campo lameiro

Esta exposición, producida polo Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, foi pensada para render homenaxe a todos aqueles arqueólogos que fixeron posible reconstruir a nosa historia. A través das fotografías expostas, hoxe auténticos documentos históricos, podemos coñecer o seu traballo.

Na mostra destacan pezas moi significativas recuperadas mediante intervencións arqueolóxicas e que son testemuña da sociedade que as creou e utilizou, pero tamén dos investigadores que as descubriron e estudaron.