Visitas guiadas ao Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé

12/09/2013 | actividades
Ivista

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, no seu afán de divulgar o Patrimonio Cultural da provincia e de conectar coa sociedade, pon ao servizo da comunidade educativa en particular e da sociedade en xeral, desde o 17 de outubro de 2013 ata o 26 de xuño de 2014, todos os xoves de cada semana, visitas guiadas gratuítas ao Conxunto Arqueolóxico-Natural de Santomé (Ourense).

Horarios:

11:00h a 12:00h

12:30h a 13:30h

16:00h a 17:00h

Grupos reducidos

Inscribídevos: teléfonos 988 223 884 e 988 230 430 ou enviádenos un correo a mapour@xunta.es