Presentación do Tomo L do Boletín Avriense

03/12/2021 | actividades
_DSC0003

O GRUPO MARCELO MACÍAS presentou na Sala de Exposicións “Escolma de escultura” o Tomo L do BOLETÍN AVRIENSE.

Interviron o presidente do Grupo Marcelo Macías, Francisco Fariña Busto e o director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, Xulio Rodríguez González.

Fixeron lembranza dos 50 volumes publicados que recollen, en máis de 15.000 páxinas, 700 artigos sobre a historia de Ourense e Galicia.