Presentación da Peza do Mes

12/01/2015 | actividades
Recreación da vida cotiá nun campamento romano (Debuxo de Peter Connolly)

O mércores, 14 de xaneiro, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “PIQUETA. CAMPAMENTO DE AQUAE QUERQUENNAE”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo do investigador Tomás Vega Avelaira e a restauradora Beatriz Viñas Vázquez.

Entrada libre.