Presentación da Peza do Mes

13/05/2014 | actividades
xogo_aqvae

O mércores, 14 de maio, ás 20.00 h terá lugar a presentación da Peza do mes: “TABOLEIRO DE XOGO DE AQVIS QVERQVENNIS”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense). A explicación correrá a cargo de Sonia Engroba Cabana.

Entrada libre.

A presentación da Peza do Mes forma parte do programa de actividades do Museo Arqueolóxico con motivo do Día Internacional dos Museos.