Patrimonio en Feminino: Tradición e modernidade

07/03/2014 | actividades
O recordo das xoias

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa no catálogo temático en rede Tradición e Modernidade, da cuarta edición de Patrimonio en Feminino, no marco de colaboración da Rede Dixital de Coleccións de Museos de España que organiza o Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, con motivo do Día Internacional da Muller Traballadora.

Esta iniciativa ten por obxectivo dar a coñecer e poñer de relevancia, desde unha perspectiva de xénero, o papel exercido polas mulleres e a súa posición ante un universo de tradicións que soubo transmitir ao tempo que conquistaba a modernidade e se incorporaba aos cambios logrados nos máis diversos ámbitos.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense participa con dous cadros de Ramón Parada Justel, O recordo das xoias e O fogar, e coa ara das Ninfas das Burgas.

 

Acceso ó catálogo