O Secretario Xeral de Cultura presentará a programación de actividades do Museo para o ano 2013

16/05/2013 | actividades
C_romanico

O sábado día 18, ás 12:00h na sede do Museo na Praza Maior, o Secretario Xeral de Cultura acompañado polo Director do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, presentará a programación de actividades do Museo para o ano 2013. En dito acto se proxectará un video de recente realización da reconstrucción en 3D das diferentes fases do edificio do Museo, con motivo do día Internacional dos Museos.