O Museo participa no Gothic Ivories Project

02/02/2015 | actividades
marf_R

O Museo asinou en xaneiro de 2014 un interesante convenio de colaboración co The Courtauld Institute of Art para participar no Gothic Ivories Project.

Este proxecto dirixido polo profesor John Lowden e pola doutora Catherine Yvard ten por obxecto reunir e difundir os marfís góticos dispersos por todos os museos e coleccións do mundo nun catálogo electrónico que permite buscas por iconografía, procedencia, orixe, restauracións e substitucións, falsificacións modernas, e outros aspectos relevantes para o coñecemento da eboraria gótica.

Un ano despois danse a coñecer os resultados deste fantástico proxecto.

A peza coa que o Museo Arqueolóxico participa é unha delicada folla de díptico de orixe francés, do século XIV, na que aparece representada a Virxe Gloriosa entre dous anxos turiferarios baixo unha arcada gótica.

Pódese consultar na web do proxecto a ficha completa así como as fotografías de detalle deste fermoso marfil.