Exposición temporal: Alicerces. Evolución urbana de Ourense do século XVI ao XX

15/01/2016 | actividades
EstacionCanedo_Alicerces_Musarqourense

Por medio da documentación custodiada nos diferentes arquivos de Galicia e de pezas representativas dese momento, mostrase a evolución da cidade de Ourense neses cinco séculos. Completa a exposición un vídeo coa evolución urbana e recreacións en 3D de edificios que forman parte do que se coñece como arquitectura de papel e doutros xa desaparecidos.

Do 26.11.2015 ao 28.02.2016

Sala de exposicións Afundación. Praza Maior, 4. Ourense.

Horario:

De luns a venres de 17.30 a 20.30h.

Sábados, domingos e festivos das 12.00 ás 14.00 h. e das 17.30 ás 20.30 h.

Entrada de balde.

Ademáis, con motivo da exposición, a Área Educativa de Afundación realiza visitas-taller gratuitas adaptadas ás diferentes etapas escolares.

Máis información na web de Afundación