Festival Pórtico do Paraíso no Museo: Mercedes Hernández e Fernando Reyes

06/03/2017 | actividades
Mercedes-Hernandez_Fernando-Reyes-1

O Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso foi pensado para ofrecer ao seu público a posibilidade de escoitar solistas e grupos dunha calidade moi alta ou incluso excepcional no mellor do noso patrimonio arquitectónico.

A Catedral, de cuxo Pórtico toma o nome o Festival, ten un especial protagonismo pois nela ábrese cada edición cun concerto de música sacra. Paralelamente, celébranse, segundo a edición, exposicións, mesas redondas, conferencias, encontros e clases maxistrais, polo que toda a cidade respira música durante os dez días que dura o evento.

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense será o escenario das cantigas de trobadores galegos e portugueses do século XIII interpretados por Mercedes Hernández (voz) e Fernando Reyes (corda pulsada) o día 8 ás 20:30h.

O Concello de Ourense asume a organización do Festival, e a Deputación de Ourense xunto coa Asociación Pórtico Musical a coorganización. A Xunta de Galicia a través da AGADIC refórzao coa súa colaboración.

 

X Festival Internacional de Música de Ourense Pórtico do Paraíso

Mercedes Hernández e Fernando Reyes