Exposición en Cea: O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata

01/02/2012 | actividades | exposicións
cartaz_ext_cea

Inauguración desta exposición itinerante no Edificio Multiusos Municipal en San Cristovo de Cea o día 2 de febreiro de 2012 ás 19:00h.

Permanecerá aberta ata o 5 de marzo.

Entrada libre e gratuíta.

A Sala de Exposicións do Edificio Multiusos acolle o acto inaugural da exposición: O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prataunha mostra que ten por obxectivo dar a coñecer, de forma gráfica, a realidade histórica desta ruta. Comisariada pola historiadora Yolanda Barriocanal López, a exposición recolle en 30 paneis a historia desta infraestrutura territorial que vertebrou Galicia no século XVIII.

O seu punto de partida é un libro do mesmo título publicado recentemente pola historiadora co apoio do Grupo Marcelo Macías e o patrocinio da Consellería de Cultura e Turismo: “ O camiño real de Castela a Santiago por Ourense, base do camiño de peregrinación Vía da Prata”