Exposición Castros lucenses: Investigación e posta en valor

04/06/2015 | actividades | exposicións
11232907_1644037222518826_6247299780545128111_o

Na sala de exposicións temporais do Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa, en San Cibrao de Las pódese visitar esta exposición que amosa unha escolma de exemplos de actuacións arqueolóxicas realizadas en castros da provincia de Lugo na última década. Sen dúbida, unha boa oportunidade para coñecer uns poboados fortificados de enorme interese.