Entrega do Premio da Cultura Galega 2014 na modalidade de Patrimonio Cultural ó Grupo Marcelo Macías

09/12/2014 | actividades
_NIK6764

O día 10 de decembro tivo lugar no Museo Centro Gaiás da Cidade da Cultura de Galicia, o acto de entrega dos Premios da Cultura Galega 2014.

Estes galardóns, convocados pola Xunta de Galicia, recoñecen o traballo de persoas e institucións nos distintos ámbitos da creación, a conservación do patrimonio e a difusión da cultura galega. Na edición deste ano, o xurado premiou ó Grupo Marcelo Macías na modalidade de Patrimonio Cultural.

Constituído en 1941 para o estudo da arqueoloxía e a posta en valor do patrimonio cultural, o grupo desenvolve un intenso labor de estudo, catalogación e difusión social dos distintos elementos da riqueza do patrimonio cultural, especialmente nos campos da antropoloxía, arqueoloxía, historia, arte etc., a través de publicacións e programacións. Destaca tamén o seu labor de apoio aos obxectivos do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Premios da Cultura Galega 2014