#DIM2020: O museo por dentro. Que son e que fago. Parte 2

18/05/2020 | actividades | destacado

#aculturasegue

O 18 de maio celébrase o Día Internacional dos Museos 2020 que ten, entre outros obxectivos, o de converterse no punto de encontro para celebrar a diversidade de perspectivas que conforman as comunidades e o personal dos museos.

Imos botar unha ollada ao museo por dentro, e para elo distintos profesionais do equipo do Museo Arqueolóxico nos relatan que son e que fan.