#DIM2020: “Museos pola igualdade. Creando lazos”. Escoita activa 4

22/05/2020 | actividades

#aculturasegue

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense plantexa con motivo do #DIM2020 (Día Internacional dos Museos) «Museos pola igualdade, diversidade e inclusión» unha escoita activa para establecer relacións duradeiras no tempo.

O noso agradecemento ao Director de Teatro Tito Asorey, do Grupo de Teatro Muxicas da ONCE de Ourense e ás tres actrices que participan no vídeo contándonos a súa experiencia e aportando as súas ideas.

Con esta escoita activa rematamos a actividade “Museos pola igualdade. Creando lazos” e queremos dalas grazas á todas as persoas que, nesta complicada situación sanitaria, nos axudaron á pornos en contacto, tecendo lazos que nos permitiron poder realizar esta proposta.