#DIM2020: “Museos pola igualdade. Creando lazos”. Escoita activa 1

19/05/2020 | actividades

#aculturasegue

Neste DIM 2020 queremos recoller o desafío que supón o lema escollido este ano polo ICOM “Museos pola igualdade, diversidade e inclusión” para renovar a nosa responsabilidade como espazo de integración social e explorar as posibilidades que encerra o Museo como ferramenta para a igualdade.

Por isto, queremos en primeiro lugar escoitar. Coñecer as necesidades e inquedanzas do público ao que nos queremos dirixir. Unha escoita activa permítenos valorar cales son as barreiras que impiden que haxa unha comunicación fluída e deste xeito buscar as canles de información apropiadas.

Queremos agradecer a acollida que tivo o proxecto “Museos pola igualdade. Creando lazos” entre todos os colectivos aos que acudimos e sobre todo, nestas circunstancias especiais, aos seus traballadores que son ese fío que nos axuda a tecer unha trama sólida na que o Museo aporta pero tamén recibe.

O noso agradecemento ó Centro de información ás Mulleres do Concello de Ourense e ao programa TERANGA de atención a persoas migrantes da fundación JuanSoñador Ourense.