DIM 2013: Visita guiada á exposición “Escolma de escultura”

15/05/2013 | actividades
imaxe3

O xoves, 16 de maio, ás 11,30h terá lugar a terceira actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013

VISITA GUIADA Á SALA “ESCOLMA DE ESCULTURA” DE SAN FRANCISCO

(Entrada libre)

Nesta visita tratarase de ofrecer un percorrido cronolóxico polas series de escultura dos fondos do Museo, aproveitando a escolma das coleccións escultóricas en pedra, bronce e madeira que ofrece esta sala, e onde destacan especialmente os guerreiros galaicos e a escultura renacentista.