DIM 2013: Presentación da Peza do Mes

15/05/2013 | actividades
2013_05_pres

O mércores, 15 de maio, ás 20,00h, terá lugar a segunda actividade que o Museo ten programada con motivo do Día Internacional dos Museos 2013.

PRESENTACIÓN DA PEZA DO MES: “REI DAVID. Santa María de Covas, Cea”, na sala da exposición “Escolma de Escultura” en San Francisco (Ourense).

A explicación correrá a cargo de Ana Mª Veiga Romero.

Entrada libre.