Día Internacional dos Museos 2022

11/05/2022 | actividades
Dim2022_cartaz

O día 18 de maio celébrase o Día internacional dos Museos, este ano co lema «O poder dos Museos» e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense ten programadas unha serie de actividades para festexalo.

 

18 de maio, mércores

VISITA GUIADA AO LABORATORIO DE RESTAURACIÓN (Edificio Santa María de Europa)

Horario: 10.00 h, 12.00 h, 17.00 h e 19.00 h. Duración estimada: 60 min

Grupo reducido (10 persoas máximo)

VISITA GUIADA AOS ALMACÉNS DO MUSEO (Edificio Santa María de Europa)

Horario: 10.30 h, 12.30 h, 17. 30 h e 19.30 h. Duración estimada: 60 min

Grupo reducido (10 persoas máximo)

VISITA GUIADA Á SALA «ESCOLMA DE ESCULTURA»  ao lado do Claustro de San Francisco

Horario: 11.30 h e 19.30 h. Duración estimada: 60 min

Grupo reducido (20 persoas máximo)

 

É necesario anotarse a estas visitas, as prazas son limitadas

Teléfono 988 788 439 / correo electrónico: mapour@xunta.es

 

18 e 20 de maio

Obradoiros didácticos para nenos/as «O PODER DA PEDRA»

Visita á sala de «FONDOS PÉTREOS»

(Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa en San Cibrao de Las)

Realizado por Xeitura

Horario: de 10.00h a 13.00 h