Día Internacional do Patrimonio Mundial

10/11/2017 | actividades | destacado
MPORFCE005183_SEQ_011_R

O Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense súmase á iniciativa da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega para celebrar o Día Internacional do Patrimonio Mundial con toda unha serie de actos ao redor da Semana do patrimonio moble, coa actividade “Peza do ano”.

A obra seleccionada é o “Sedente de Pedrafita”, por entender que nela conflúen os valores histórico-artísticos que a singularizan como unha das pezas máis excepcionais da plástica castrexa, ademais de ter ingresado nos fondos do Museo como doazón dun particular, o que pon de manifesto o interese e valoración dos cidadáns polo Patrimonio Cultural, ao comprender que os Museos son os lugares imprescindibles para a salvagarda da nosa memoria e para a transmisión do coñecemento científico.

Con este motivo o día 16 ás 12:30h terá lugar unha visita guiada á peza na Sala de San Francisco, na que se explicará non só o valor histórico-artístico desta obra senón tamén o verdadeiro interese que adquiren as obras nos museos e o significado do Día Internacional do Patrimonio Mundial.

Máis información nos enlaces:

Peza do Mes

Imaxe 3D

Ceres

Europeana Collections

Día Internacional do Patrimonio. Consello da Cultura Galega