Conversas no museo co Colexio de Arquitectos de Ourense

22/05/2015 | actividades
imaxe

Rematamos as actividades programadas para celebrar o Día Internacional dos Museos 2015, cunha proposta para este venres, día 22: Conversas no museo co Colexio de Arquitectos de Ourense.

O Museo e a Delegación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia en Ourense organizan unha visita aberta a todolos cidadáns ao edificio histórico da Praza Maior.

Os arquitectos Javier Suances, Luis Pérez de Juan, María Jesús Castelo e Juan Carlos Cabanelas, acompañados polo director do museo, Xulio Rodríguez González, analizarán o complexo de edificacións que se foron construindo e demolendo ao longo do tempo, e que acollen as instalacións do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense.

Ás 20.00 h. Entrada libre.