Cine no xardín do Museo Arqueolóxico

03/08/2017 | actividades
1707_Cinemanapraza_WEB

O luns 7 e o luns 14 de agosto a sede do Museo na Praza Maior será o espazo no que o Cineclube Padre Feijoo proxectará ”Corpse Bride” (A noiva cadáver) e “Brendan and the Secret of Kells” (O segredo do libro de Kells).

Acceso pola rúa Primavera – Praza San Marcial

Actividade de balde ata completar aforo

 

07/08/2017 ás 22.00 h

“Corpse Bride” (A noiva cadáver)

Tim Burton e Mike Johnson (EUA, 2005) 75 min. Animación. Non recomendada para menores de 7 anos.

Un home pon no dedo dunha muller morta, como broma, un anel de compromiso. Pero o que non sabe o pobre mortal é que a morta reclamará os seus dereitos como “prometida”.

Premios

2005: Nomeada ao Oscar: Mellor longametraxe de animación

2005: Festival de Sitges: Sección oficial a concurso

“O mellor de todo é a historia de amor. (…) Disfrazado de filme famliar, Burton evoca unha obsesión escuramente erótica con reminiscencias a Edgar Allan Poe e ao ‘Vertigo’ de Hitchcock”. (Peter Travers, ROLLING STONE)

Ficha no Filmaffinity da NOIVA CADÁVER

 

14/08/2017 ás 22.00 h

 ”Brendan and the Secret of Kells” (O segredo do libro de Kells)

Tomm Moore e Nora Twomey (Irlanda, 2009) 75 min. Animación. Apta para todolos públicos e especialmente recomendada para a infancia.

Brendan é un monxe de 12 anos que vive na remota abadía fortificada de Kells, na Irlanda do século XI. Cos outros irmáns, axuda a construír unha muralla para resistir os asaltos dos viquingos. Unha nova vida de aventuras preséntase cando coñece a un famoso mestre que chega de terras estranxeiras, coidando dun antigo libro máxico que está inacabado. Coa esperanza de terminalo, Brendan sairá da abadía por primeira vez e internarase no perigoso bosque, habitado por todo tipo de criaturas…

Premios

2009: Oscar: Nomeada á mellor película de animación

2009: Premios Annie: Nomeada a mellor película

2009: Festival de Annecy: Premio da audiencia. Nomeada á mellor película

Ficha no Filmaffinity do O SEGREDO DO LIBRO DE KELLS