Cine de verán: proxección de O REI CHOSCO

03/08/2018 | actividades
rey_tuerto_

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 8 de agosto o filme O REI CHOSCO (EL REY TUERTO, de Marc Crehuet Almirall). España, 2016 (87 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

Dúas amigas, Lidia (Betsy Túrnez) e Sandra (Ruth Llopis), que non se viron durante moito tempo, deciden organizar unha cea de parellas para coñecer aos seus respectivos noivos: David (Alain Hernández), policía antidisturbios, e Ignasi (Miki Esparbé), un documentalista social que perdeu un ollo por mor dunha bola de goma que o golpeou nunha manifestación. Todo isto animado polos discursos que un político (Xesc Cabot) dá desde a televisión. Catro personaxes que quedan para cear, recordar os vellos tempos e poñerse ao día.

Premios

2016 : Premios Goya: nomeado a Mellor Dirección Novel

2016 : Festival de Málaga: Sección Oficial. Longametraxes en competición

“É algo completamente diferente: á vez pegado ao inmediato, pero co poder do perdurable”. É universal (…) Non se parece a ningunha outra comedia española recente: crea -e ocupa- a súa propia categoría “.

(Jordi Costa, El País)