Cine de verán no Museo: Curtas Internacionais do FICBUEU 2017

16/08/2018 | actividades
Curtas Int FICBUEU

No xardín do Museo Arqueolóxico na Praza Maior, Cineclube Padre Feijoo proxecta o mércores 22 de agosto as CURTAS PREMIADAS NA CATEGORÍA INTERNACIONAL FICBUEU 2017 (104 min.)

Será ás 21:30 h. con entrada de balde.

FOX

Jaqueline Lentzou (Grecia, 2016) 28 min.

Sección oficial nos festivais de Locarno, Saraxevo e Atenas. Primeiro Premio no FICBUEU 2017

Atenas, Grecia. Unha vaga de calor. Stephanos está a traballar e escoitar rap, mentres a súa nai está planificando o día. Tras outra pelexa entre eles, el queda só para coidar dos seus dous irmáns máis novos e Lucy, o can da familia.

RUAH

Flurin Giger (Suíza,2016) 18 min.

Nomeado á mellor curta na Biennale de Venecia e Festival de Sitges 2016. Segundo Premio no FICBUEU 2017.

Nove personaxes, catro historias, unha situación. Como actuar ao saber que algo grande, algo irreversible, algo do que non pode fuxir ou loitar, vai pasar.

WALD DER ECHOS

Luz Olivares Capelle (Austria, 2016) 30 min.

Mellor película nos Austrian Film Awards e premio á Mellor Dirección no FICBUEU 2017.

Unha adolescente, Christina, perde aos seus amigos no bosque. Ao buscalos, deles atopa os corpos de tres nenos afogados na beira dunha lagoa. Nas vacacións de verán, nas profundidades do bosque, tres nenos, curmáns, xogan ao redor dun lago cando atopan unha moza afogada na auga. Que é real e que é un espello?

BIER & CALIPPO

Paul Ploberger (Austria, 2017) 28 min.

Presente nos festivais de Max Ophüls, Münster e Salzburgo. Mellor Música no FICBUEU 2017.

Un grupo adolescente quere ir de xira. Jojo, a moza da banda, é levada a unha área de descanso polo seu pai preocupado por unha reunión, mentres a súa amiga Toni discute e o resto da banda están borrachos.