Ano Europeo do Patrimonio Cultural

07/02/2018 | actividades | destacado
IMG_1981

Con motivo da celebración do Ano Europeo do Patrimonio Cultural 2018, dedicado neste mes de febreiro á Ribeira Sacra incluimos nesta sección unha fotografía de Diego Quiroga Losada, Marqués de Santa María del Villar (1880–1976). 

Este fotógrafo percorreu a provincia de Ourense en 1959 fotografando aspectos relativos á riqueza cultural, natural e artística. Entre os espazos dos que tomou instantáneas non podía faltar a Ribeira Sacra, da que queda constancia nesta imaxe que reflicte a súa fonda sensibilidade pola protección e defensa do patrimonio cultural.