A catalogación do Patrimonio Cultural. Discurso histórico e ordenación do territorio. A Limia Alta

17/06/2013 | actividades | proxectos GMM
catAl

www.altalimia.org

Nesta web poderase acceder a todo o catálogo con diferentes campos de busca: etapa histórica, tipoloxía, estilo, concello, parroquia ou lugar. A catalogación abrangue o territorio dos concellos de Xinzo de Limia, Rairiz de Veiga, Vilar de Santos, Sandiás, Sarreaus, Porqueira, Os Blancos, Trasmiras e Baltar, integrados todos eles na comarca natural da Limia Alta, no sueste da provincia de Ourense.

Todos os bens catalogados están xeolocalizados, coa súa contorna de protección teórica (decreto 232/2008) e práctica, formando núcleos, se procede, ou creando polígonos irregulares facilmente identificables no territorio a partir do parcelario catastral e das ortofotos do SIXPAC.