23 de abril, Día do Libro

22/04/2022 | actividades
dia do libro

O Boletín Avriense é unha publicación do Grupo Marcelo Macías, vencellado ao Museo Provincial de Ourense. Continuador do Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Ourense, inicia a súa andaina no ano 1971 e, neste ano, presentou o seu volume número cincuenta (Tomo L).

Con motivo do Día do Libro amosamos varios exemplares do Boletín e algunhas das pezas do Museo que foron obxecto de estudo e difusión nesta senlleira publicación.